Como afecta a crise do COVID-19 á xuventude?

30 Abr 2020

Ante a situación de crise sanitaria derivada do COVID-19, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon a disposición dos mozos e mozas un cuestionario online para coñecer a súa situación e as súas inquedanzas, e tamén as súas posibles propostas, ante a realidade actual e o futuro inmediato.

Con esta ferramenta preténdese reforzar a relación directa coas persoas mozas cara abordar e estudar novos recursos e medidas no marco do novo escenario xerado por esta pandemia.

As achegas deste método participativo serán nun elemento fundamental a ter en conta na mellora continua dos programas e actividades que a Xunta de Galicia impulsa no ámbito da xuventude, ao tempo que axudan a promover a participación da mocidade na sociedade e a súa contribución nos procesos de aplicación e seguemento das políticas de xuventude.

En definitiva, trátase dunha ferramenta coa que se pretende reforzar o papel dos mozos e das mozas como axente activo na construción e desenvolvemento da sociedade actual e futura.

Prazo para participar nesta iniciativa: do 30 de abril ao 14 de maio de 2020.

CUESTIONARIO ONLINE