O Consello da Cultura Galega está a conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano está adicado ao autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
Na web do Consello podes ver online as súas cartas a amigos artistas e intelectuais do seu tempo, como Luís Seoane, Valentín Paz-Andrade ou Xosé María Álvarez Blázquez.
En total o publicado está constituído por dúas ducias de cartas nas que o escritor mostra emocións e sentimentos en primeira persoa sobre as circunstancias e avatares de Galicia ao longo do século XX e nas que, tamén, amosa as pegadas deixadas no máis fondo de seu pola represión sufrida durante o franquismo. Tamén intercambia poemas, referencias bibliográficas e información sobre os seus proxectos.
Especialmente destaca o intercambio de cartas con Otero Pedrayo.
Tamén é posible oir a voz de Carballo Calero en varias conferencias e mesas redondas.