Dende a Escola de Tempo libre Aventeira comparten unha proposta lúdica que idearon para pasar un bo rato coa familia e os amigos. Convertidos en auténticos investigadores, os xogadores e xogadoras poderán coñecer distintos puntos de Galicia sen saír da casa, nestes días nos que toca quedarse dentro dela.
O xogo é ofrecido de balde e está dirixido tanto a pequenos como a maiores.
Con esta premisa dá comezo U-lo Xurxo?
“Un amigo noso, Xurxo Crespo, ía facer o camiño de Santiago hai un par de meses, quedou en virnos visitar cando rematara… Pero nunca se puxo en contacto con nós”.
“As últimas novas que temos del son que pensaba aloxarse en Silleda a noite do 21 de febreiro, pero a xente do hostal nos confirma que nunca chegou alí…”.
Non hai tempo que perder para dar co Xurxo… Úneste á busca? U-lo Xurxo?: https://aventeira.com/u-lo-xurxo/