Axudas para actividades piloto COVID19

22 Abr 2020

A European Youth Foundation (EYF) lanzou unha chamada especial para organizacións de mozos e mozas que están a buscar financiamento para as actividades que demostran a solidariedade e o apoio a todas as persoas afectadas pola crise COVID-19.

Unha actividade piloto é unha "intervención", é dicir, unha actividade que aborda un desafío social contextual que afecta á mocidade a nivel local.
Debe basearse na innovación ou na replicación das mellores prácticas. Estas actividades deben ter vínculos claros e un impacto no contexto local.

Darase prioridade ás actividades piloto que teñan como obxectivo:

- Chegar e apoiar a grupos de persoas particularmente vulnerables, como persoas sen fogar, refuxiados e solicitantes de asilo, persoas con discapacidade, persoas que viven en illamento ou en comunidades remotas;
- Apoio a servizos sanitarios, sociais e educativos;
- Educación e sensibilización sobre a importancia dos dereitos humanos nas respostas á crise COVID-19.

Todas as actividades experimentais deben respectar as medidas sanitarias e de seguridade establecidos polas autoridades competentes a nivel nacional e /ou local.
Ademais, recoméndase encarecidamente ás organizacións xuvenís que coordinen as súas actividades coas autoridades competentes e que o indiquen na súa proposta de proxecto.

Quen pode solicitar?
Organizacións xuvenís non gobernamentais internacionais , redes internacionais de ONG xuvenís, redes rexionais de ONG xuvenís, organizacións xuvenís non gobernamentais nacionais .
As organizacións xuvenís poden enviar solicitudes só se están rexistradas na European Youth Foundation.

A subvención máxima asignada é de 10 000 €.

Prazos:
A próxima data límite é o 22 de xuño, pero as solicitudes poden presentarse ao longo de 2020, xa que se definirán datas límites posteriores máis adiante ao longo do ano, para permitir o estudo desas novas solicitudes e decisións sobre subvencións.

MÁIS INFORMACIÓN