Na AECC, seguen co programa “Ciencia para todos”, agora desde a casa. Debido á actual situación de confinamento, os seus obradoiros de divulgación científica para escolas foron cancelados, pero levan a ciencia aos máis pequenos e pequenas da casa a través do programa #CienciaEnCasa.
Obradoiros e actividades para toda a familia con materiais que todos temos á man, levados a cabo por científicos e acompañados polos seus SuperCiencias.
Os obradoiros compartiranse todos os xoves ás 17 h, na conta da AECC en Instagram e Facebook.
Na súa páxina web atoparedes os obradoiros realizados ata o de agora e materiais extra,escúbreos!: https://www.aecc.es/es/investigacion/ciencia-para-todos