David Hofmann  @davidhofmann David Hofmann @davidhofmann

Bolsas para perfeccionamento de estudos artísticos

21 Abr 2020

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas destinadas a persoas residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar
estudos de perfeccionamento artístico fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o período 2020-2021, distribuídas nas seguintes áreas:

  Área de audiovisual: 2 bolsas
  Área de danza e artes do movemento: 2 bolsas
  Área de ilustración, artes plásticas e visuais: 4 bolsas
  Área de música: 9 bolsas
  Área de teatro e interpretación escénica: 3 bolsas

O importe de cada unha das bolsas é 9.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do día 27 de maio de 2020.

Máis información no BOP da Coruña do 21 de abril de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/bolsas#Estudos+artisticos