Teatro da Ramboia que gañou na 1ª edición do certame Teatro da Ramboia que gañou na 1ª edición do certame

II Certame de Proxectos Teatrais da Casa-Museo Manuel María

20 Abr 2020

A Casa-Museo Manuel María en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente, convocan o II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

Poderán presentar os seus proxectos a este Certame as compañías ou produtoras de teatro legalmente constituídas que acreditaren a súa residencia en Galiza, así como empresarios/as ou artistas a título individual que contaren ou foren contar con cobertura de produción para desenvolveren o proxecto.

Os proxectos presentados deben reunir os seguintes requisitos:
- Referírense a un texto -ou varios combinados- da autoría de Manuel María. Para estes efectos, a Casa-Museo porá a disposición das compañías ou persoas interesadas o conxunto da obra teatral de Manuel María en formato PDF e mesmo colaborará na localización doutros textos se o precisaren.
- Seren completamente orixinais.
- Teren unha duración mínima prevista de 45 minutos

Estabelécese un único premio de 4.000 euros.
A data límite para a presentación dos proxectos ao Certame será o día 30 de setembro de 2020.

BASES