Visita virtual a Santiago de Compostela

20 Abr 2020

Santiago de Compostela pode percorrerse virtualmente estes días a través das audioguías de Turismo de Santiago, que poden consultarse gratis na web https://www.santiagoturismo.com/audioguias. As audioguías de Turismo de Santiago suman máis de catro horas de narración arredor dos principais puntos turísticos da cidade, que ademais se sinalan nun mapa de Santiago.

As audioguías divídense en 24 partes que poden escoitarse en calquera orde. Non obstante, están numeradas para seguir unha posible ruta que comeza na praza do Obradoiro e que percorre os principais atractivos turísticos da cidade: a Catedral, as prazas que a rodean, as rúas e prazas do Casco Histórico, o Mercado de Abastos, o CGAC, o Museo do Pobo Galego, o Parque de Bonaval, a Casa da Troia, San Martín Pinario, e remata no Parque da Alameda.

As audioguías están dispoñibles en sete idiomas: galego, castelán, inglés, alemán, italiano, francés e portugués. A aplicación actívase automaticamente no mesmo idioma que o dispositivo da persoa usuaria.

https://www.santiagoturismo.com/audioguias