Galicia, un relato no mundo explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Concibida como a primeira de tres grandes exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, centrouse nas relacións internacionais de Galicia e a súa presenza no mundo.
A exposición agrupou numerosas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país, conservadas en prestixiosas coleccións museísticas de todo o mundo como a Cambridge University- Parker Library, as Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford, o Museo do Prado, a Biblioteca Vaticana, a Biblioteca de Arezzo en Italia ou o Museu Nacional de Arqueologia de Portugal. En moitos casos, chegaron a Galicia por vez primeira para seren exhibidas nesta mostra