Cursos gratuítos e online do concello de Santiago

16 Abr 2020

O concello de Santiago convoca unha oferta de máis de cen cursos gratuítos e online.

Estes cursos online contan con máis de 1.500 prazas para maiores de 16 anos censados na cidade. Están pensados tanto para persoas en paro como para ocupados que buscan aproveitar o confinamento para mellorar a súa preparación.

Os cursos forman parte do programa Talentia Summit’20.

Requisitos
Os únicos requisitos para ter acceso a esta formación son: ter como mínimo 16 anos de idade e estar rexistrado/a no Padrón Municipal de Habitantes de Santiago. Os cursos online están dirixidos a: persoas desempregadas, persoas traballadoras en ERTE, persoas empregadas en PEMES e persoas autónomas

Os cursos son totalmente gratuítos, xa que están financiados polo Concello de Santiago. Cada persoa poderá realizar un curso online ao mesmo tempo, e cando o remate, poderá realizar outro se o desexa, ata que se finalicen as prazas. A oferta componse de 100 cursos online de diferentes áreas profesionais, cun total de 1.500 prazas dispoñibles. Serán 4.700 horas de formación.

Os participantes terán acceso ao material mediante unha plataforma de formación online dispoñible as 24 horas do día todos os días da semana. Tamén disporán dunha titoría durante o horario laboral para a xestión de incidencias e control da progresión formativa. Recibirán un diploma acreditativo oficial ao completar satisfactoriamente o itinerario formativo.

Cursos programados  

https://www.talentiasummit.com/