Concurso de videos, podcast e regueifas para a mocidade

15 Abr 2020

A Asociación de Medios en Galego convoca un concurso de videos, podcast e regueifas

Obxectivos
Lograr un achegamento da mocedade á lingua galega e aos medios de comunicación. Mediante vídeos curtos ou podcast mostrar experiencias de mozos e mozas nas que se relacione o idioma galego e o mundo dos medios de comunicación.

A quen vai dirixido o concurso?
A convocatoria está dirixida á poboación nova de entre 12 e 30 anos de idade.

Como?
As persoas participantes no concurso presentarán vídeos, podcast ou regueifas que, desde a visión da mocidade reflictan as súas experiencias arredor da lingua galega. Buscanse vídeos que:
- Falen dunha experiencia coa lingua galega en positivo.
- Dean unha visión alternativa e distinta ás mensaxes que estamos afeitos a ler, ver e ouvir sobre o galego.
- Teñan vontade de cambio ou de transformación social en canto á promoción do uso do galego
- Transmitan mensaxes solidarias
Fican expresamente excluidos aqueles traballos que promovan unha mensaxe violenta, denigrante ou ofensiva.

Modalidades
Os traballos presentados serán individuais ou por aulas da ESO, Bacherelato ou Formación Profisional.

Extensión
Para favorecer á súa difusión en redes sociais os vídeos e podcast non deben durar máis de 4 minutos.

Cando?
O prazo para a entrega de vídeos estará aberto ata o 30 de setembro. En outubro produciranse as votacións a través dun sistema establecido e posteriormente o xurado elixirá os vídeos gañadores.
Os traballos enviaranse por correo electrónico a mediosengalego@gmail.com
O formato dos vídeos debe ser compatible con Youtube.
Cada vídeo deberá ir acompañado de nome e apelidos da persoa creadora, teléfono e correo electrónico de contacto, DNI, domicilio, breve descrición do vídeo e un título.

O xurado elixirá os 4 traballos gañadores entre as 10 pezas máis votadas pola cidadanía polo sistema que se anunciará no seu momento. Valorará ás seguintes cuestións:
- Utilización do humor
- Calidade técnica e lingüística
- Poder de persuasión
- Claridade expositiva
- Creatividade

Premios
1º premio: 1000 euros en metálico e un dia de rodaxe coa produtora Vaca films para unha aula de ESO, Bacherelato ou FP (ou grupo de 5 persoas escollidas polo autor do video gañador) en data a acordar.
2º premio: Unha tablet valorada en 300 euros.
3º premio: Un móbil de última xeneración.

Premio especial: Para o traballo colectivo presentado por unha aula de ESO, Bacherelato ou FP. Unha cámara de gravación con micrófono..

https://mediosengalego.gal/bases-certame-de-videos-podcast-e-regueifas/