Recursos didácticos online sobre o proceso cinematográfico

15 Abr 2020

A Asociación cultural Olloboi, tras convocar o seu 10º Festival Audiovisual escolar, pon á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego:

  • Montaxe dunha curta: presentación para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).
  • Charlas e actividades Aprendo con Olloboi para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar.

Poden servos útiles tamén os enlaces da canle educativa Educlip, a páxina de realizadores/as de Galicia CREA ou a de Novo Cinema Galego.

Corren tempos inauditos: narrémolos coa nosa mirada e así construiremos colectivamente o relato do que pasou. Está nas nosas mans que froito desta crise se reforcen ou deterioren os lazos sociais, e nós apostamos por facelos máis sólidos, fermosos e solidarios que nunca. O cine pode ser a ferramenta.