Toa Heftiba  @heftiba Toa Heftiba @heftiba

Programa do bono de alugueiro social para as vítimas de violencia de xénero.

08 Abr 2020

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca o Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

Persoas beneficiarias
a) Mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.
Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia con resultado de morte.
b) Fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o día 11 de decembro de 2020
A solicitude de concesión inicial realizarase mediante a presentación do modelo VI482C dispoñible en https://sede.xunta.gal/
A renovación da axuda solicitarase co formulario VI482D
Máis información no DOG do 8 de abril de 2020 e en http://igvs.xunta.gal/