Inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil

01 Abr 2020

Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os mozos entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

CALES SON OS REQUISITOS?
Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.

COMO PODO INSCRIBIRME?

O Servicio de Empleo Estatal (SEPE) procedeu a aplicar unha serie de cambios no procedemento de inscrición no Sistema Garantía Juvenil con efectos a partir do 14 de outubro de 2020.


A partir de esa data as persoas solicitantes poden obter o seu usuario e contrasinal directamente a través da aplicación. Hai cinco opcións para seleccionar a forma de inscrición:

1.Inscrición con DNI electrónico, con certificado dixital ou Cl@ve.

2.Inscrición con usuario e contrasinal.

3.Inscrición presencial de forma asistida nas Cámaras de Comercio.

4.Se non necesitas inscribirte, porque xa estás inscrito.

5.Inscrición para persoas con discapacidade ou risco de exclusión social.

 

ACCESO Á APLICACIÓN