Aarón Blanco Tejedor @healing_photographer Aarón Blanco Tejedor @healing_photographer

Bolsa da fundación Marc de Montalembert para a comprensión cultural

01 Abr 2020

A fundación Marc de Montalembert apoia proxectos que permiten á mocidade de países mediterráneos descubrir a diversidade das demais culturas da rexión e comprender a súa diversidade e as súas riquezas.

O obxectivo da Fundación Marc de Montalembert é fomentar a comprensión cultural entre as novas xeracións e impulsar o diálogo cultural no mundo mediterráneo. Parta iso, todos os anos concede unha bolsa a mozas e mozos dos países mediterráneos para que poñan en marcha proxectos interculturais.

Desde 1994 a Fundación proporcionou apoio financeiro a 28 proxectos de xente nova de 8 países mediterráneos. Os proxectos desenvolveronse nos campos seguintes: escritura creativa, arquitectura, arqueoloxía, antropoloxía e socioloxía, música, historia de arte, artesanía, gravado, pintura e fotografía.

Podes solicitalo?  Debes ser menor de 28 anos, proceder dun país mediterráneo e querer poñer en práctica un proxecto intercultural orixinal acorde coa túa vocación. Para solicitar a bolsa, debes propoñer un proxecto de estudos no ámbito cultural da túa elección para levalo a cabo nun ou varios países da rexión mediterránea, excepto o teu país de orixe.

Como presentarse. O prazo ábrese cada ano o 1 de outubro e termina o 31 de decembro. Ten en conta que debes solicitar os formularios de candidatura antes do 15 de decembro. A candidatura debe incluír unha carta de presentación en formato PDF.

Se se che concede a bolsa de 7.000 euros, convidarante a recollela en Rodas (Grecia).

Terás un ano para presentar un informe sobre os coñecementos e a experiencia adquiridos ao longo do proxecto. Podes facelo por escrito ou de calquera outra forma que se poida publicar ou distribuír. Podes mesmo residir ata seis meses na sede da Fundación, en Rodas, para preparar este traballo.

http://www.fondationmdm.com/en/the-grant-2-2/