3º Concurso Artistas en Camiseta

26 Mar 2020

O Museo da Camiseta a través deste concurso busca Arte, deseños que namoren, que sexan orixinais e que teñan alma e poesía.

O prazo de admisión de deseños para este concurso estará aberto ata o 30 de Abril de 2020 ás 00 h.

Poderán participar nel todas as persoas que residan dentro do territorio Español maiores de 14 anos.

Os deseños deben ser orixinais e inéditos, non sendo presentados noutros concursos, sendo os participantes os únicos propietarios de todos os seus dereitos. As obras presentadas non supoñerán en todo ou en parte copia de obras publicadas en calquera soporte, tempo e medio de comunicación (incluídas as redes sociais) ou plaxio das doutros artistas.

A composición e a técnica será libre, sempre que sexa posible a súa posterior reprodución (valorarase positivamente se contén fondo transparente). Admítense un máximo de 2 deseños por autor que deberán ir asinados polo mesmo. A temática será libre, a condición de que non inciten ao odio ou a violencia.
O deseño irá impreso na parte dianteira da camiseta cunhas medidas máximas de 35x42 cm. sen límite de cores. Se o deseño é dixital a resolución será de 300 ppp. coas medidas do tamaño de impresión e un máximo de 10 megas. Valorásese positivamente a elección dunha cor diferente ao branco.

Os deseños enviaranse desde a páxina web: https://www.elmuseodelascamisetas.com/concursos

Os deseños elixidos como finalistas serán os encargados de compoñer a 4ª Exposición benéfica “Artistas en camiseta", que terá lugar do 15 de Xuño ao 15 de Julio na súa tenda física e na web www.elmuseodelascamisetas.com.

O Museo das camisetas decidirá os gañadores tendo en conta o número de camisetas vendidas de cada deseño, a valoración do xurado e a do público. Os beneficios obtidos das camisetas vendidas serán destinados ao Proxecto de Reforestación Arboreando da Asociación Urci.

Premiaranse un total de 5 deseños:
1° Premio: 1.000 € (a entrega deste premio será presencial)
2° Premio: 500 €
3° Premio: 250 €
4.º e 5.º Premio: Accésit* (1 ano para expoñer e vender o deseño na súa tenda física e web)

https://www.elmuseodelascamisetas.com/concursos/