XXXI Premio Literario Camilo José Cela

26 Mar 2020

O Concello de Padrón convoca o Concurso de Narrativa " XXXI Premio Literario Camilo José Cela"

Premio: 1.500 € e unha figura do escritor Camilo José Cela .

Os relatos terán unha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word, a dobre espazo, con tipo de letra Mal e tamaño 12. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou castelán.

O prazo de entrega dos relatos estará aberto ata o 15 de xullo de 2020.
Presentaranse no rexistro xeral de entrada de documentos do Concello de Padrón (tamén se poderán enviar por correo postal) situado na planta baixa da casa do concello, na dirección Rúa Longa  27, 15900 Padrón. A Coruña, por quintuplicado exemplar, sen firma e cun lema. Achegarase ademais un sobre pechado no que figure por fóra dito lema e dentro indicarase o nome, apelidos, DNI, teléfono, dirección de correo electrónico e dirección de correo ordinario do autor ou autora do traballo e unha declaración asinada polo mesmo ou a mesma de que o relato se axusta ás normas establecidas na base segunda. Só se abrirá o sobre do traballo premiado.

Máis información en http://padron.gal/actualidade/item/598-o-concello-de-padron-convoca-o-xxxi-premio-literario-camilo-jose-cela  

cultura@padron.gal