Consurso de relatos Vencer ao Coronavirus

25 Mar 2020

A Biblioteca do Colexio Santa María del Pilar, Marianistas de Zaragoza, organiza o Consurso de relatos Vencer ao Coronavirus

Pode participar calquera persoa que o desexe nunha das seguintes categorías: infantil, ata 12 anos; xuvenil, de 13 a 18 anos; e adulto, maiores de 18 anos.

Os relatos, que terán unha extensión de entre 2.500 e 3.000 caracteres, deberán tentar explicar de xeito didáctico aos nenos de infantil e primaria que é o coronavirus e como habemos de enfrontarnos a el.

As obras enviaranse por correo electrónico á biblioteca: biblioteca@marianistas.net en formato pdf, antes do 15 de abril. As persoas gañadoras de cada unha das categorías recibirán un lote de libros. Ademais, o xurado realizará unha selección das dez mellores obras para a súa publicación.

Prazo: Os relatos deberán presentarse antes do 15 de abril de 2020

http://bbltk.marianistas.net/concurso-de-relatos-vencer-al-coronavirus/