Mocidade contra o virus

25 Mar 2020

O estado de alarma descubriu a cara máis solidaria da nosa mocidade. É nestes momentos cando sae o mellor de nós.
O Instituto da Xuventude, Injuve, recolle nas súas redes sociais iniciativas solidarias de mozas e mozos que ofrecen a súa axuda aos demais.
Cada día actualizaranse con novas iniciativas que poñen de manifesto que nesta crise a nosa mocidade está comprometida, de moitas maneiras, para botar unha man:

Universitarios contra a Pandemia son un grupo de universitarios con moitas ganas de axudar a rapaces e rapazas de primaria e ESO de todo o país. Ben sexa a través de clases online, materiais de reforzo ou exercicios de forma completamente gratuíta.

Supervecina, unha aplicación web gratuíta para xestionar a túa comunidade de veciños, puxo en marcha a iniciativa "Xa que vas" para axudar aos que non poden saír de casa estes días. A mocidade poden ofrecer a súa axuda ou buscala para un amigo, familiar ou para eles mesmos.

Eu axúdoche coa sele é unha iniciativa de mozos universitarios que axudan aos alumnos que este ano farán selectividade, con clases colaborativas, sesións de dúbidas, bancos de apuntamentos... Se estás en 2° de Bacharelato non te perdas esta oportunidade!

"Todo saldrá ben" é a web que a Fundación Hazlo Posible creou para fomentar a colaboración cidadá e recoller as necesidades. Bota unha ollada ás iniciativas solidarias publicadas e publica a túa!

Coranavirus makers é unha rede de makers voluntarios que se coordinan para crear máscaras, viseras, respiradores… nun tempo récord e poñelas ao dispor dos hospitais.

"Frea a curva Maps" é un mapa online onde se poden anunciar ofertas e peticións de axuda, potenciando a acción veciñal para chegar a persoas sen acceso a móbil ou computador.

En Galicia tes a túa disposición o teléfono gratuito de Voluntariado Galego: 900 400 800