#QuédateEnCasa!

23 Mar 2020

#QuédateEnCasa! desde REAJ quieren axudarvos a levar o día a día o mellor posible.

Como? Cóntalles que é o que fas para non aburrirte. Comparte fotos, ideas…O que ti queiras! Toda colaboración e participación será benvida

Que tedes que facer?

- Se participades a través de Facebook:
Sígueos: @REAJ
Dálle a “gústame” á súa publicación.
Deixa un comentario no Post que publiquen para esta iniciativa e o cal estará fixado na parte superior, contándo que fas para soportar esta situación, achega ideas para axudar a outros ou comparte fotos se o prefires do que estades a facer en casa.
Inclúe o hashtag # Quedateencasa no teu comentario.

- Se participas a través de Instagram:
Sígueos: @albergues.reaj
Dálle a “gústame” á súa publicación.
Deixa un comentario no seu post contándo que fas para soportar esta situación, achega ideas ou comparte fotos,stories se o prefires (lembra etiquetalos) do que estás a facer en casa.
Inclúe o hashtag #Quedateencasa no teu comentario.

- Se participas a través de Twitter:
Sígueos en Twitter: @AlberguesREAJ
Deixa un comentario/tweet contándolles que fas para soportar esta situación, achega ideas ou comparte fotos do que estas a facer en casa.
Inclúe o hashtag #Quedateencasa no teu comentario. Non esquezas etiquetalos para que poidan velo!
Retuitea a súa iniciativa para que outros se unan a ela.

Prazo: ata o 24 de abril de 2020

Premios:
Sortearase entre todos os participantes 30 estancias compostas por unha noite en réxime de aloxamento e almorzo para gozar pola persoa gañadora máis un/ha acompañante nun dos albergues REAJ de España.

#QuédateEnCasa!

https://reaj.com/iniciativa-reaj-quedateencasa/