Subvencións para actividades deportivas en Ourense

17 Mar 2020

A Deputación de Ourense convoca subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2020.

Poderán ser beneficiarios desta subvención as entidades deportivas e outras entidades sen ánimo de lucro con enderezo social na provincia de Ourense, que contemplen nos seus estatutos, como obxecto social, entre outros, a promoción e difusión do deporte na nosa provincia.

O prazo de presentación de solicitudes, que contempla dous períodos ao tratarse dunha convocatoria aberta.
- 1º período: ata 30 de abril de 2020.
- 2º período: do 1 ao 31 de xullo 2020.

Máis información no BOP de Ourense do 17 de marzo de 2020