Bolsas de investigación da Deputación da Coruña

17 Mar 2020

A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas, destinadas a persoas con titulación universitaria que pretendan facer un traballo de investigación no período 2020-2021, cunha duración mínima de nove meses, distribuídas nas seguintes áreas:
  Área de artes e humanidades: 5 bolsas
  Área de ciencias: 3 bolsas
  Área de ciencias da saúde: 3 bolsas
  Área de ciencias sociais e xurídicas: 5 bolsas
  Área de enxeñaría e arquitectura: 2 bolsas
  Área de estudos de xénero: 2 bolsas
O obxectivo desta convocatoria é o apoio á actividade investigadora en temas de interese para a realidade social, cultural, económica e política galega.

Requisitos:
– Ter menos de 36 anos na data de finalización do prazo de solicitudes.
– Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
– Residencia en calquera concello da provincia da Coruña.

Prazo: as solicitudes poden presentarse ata o 15 de abril de 2020
As bolsas tramitaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL, na páxina web da Deputación da Coruña: www.dacoruna.gal 

Máis información no BOP da Coruña do 16 de marzo de 2020