Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres

17 Mar 2020

A Valedoría do Pobo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, convoca a primeira edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TGF) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos:

- Os traballos presentados deben ser orixinais e deberán destacar polo seu elevado valor científico académico en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
- Os ditos traballos non poden ter sido publicados, nin premiados en calquera convocatoria ou concurso. Para estes efectos, entenderase que un traballo foi publicado cando se atope reproducido de forma múltiple en calquera formato de impresión ou medio audiovisual, xa sexa con contraprestación económica ou de forma gratuíta.
- Serán admitidos os traballos que fosen publicados exclusivamente no repositorio institucional da universidade correspondente e de acordo coa normativa que lle sexa de aplicación.
- Os traballos deben ter sido lidos, defendidos e/ou xulgados, segundo proceda, ante un tribunal de calquera universidade galega durante os cursos académicos 2016-2020.
- Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.

Dotación:
- Premio ao mellor traballo fin de grao (TGF): 1.000 € e diploma acreditativo.
- Premio ao mellor traballo fin de máster: 1.000 € e diploma acreditativo.

Prazo:
As solicitudes poden presentarse ata o 15 de outubro de 2020

Máis información no DOG do 17 de marzo e en www.valedordopobo.gal