Bolsas de formación en materia de museos

12 Mar 2020

A Consellería de Cultura e Turismo convoca bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao Programa 2020

Requisitos:

1. Dispoñer da seguinte titulación:
a) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en museos, ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 100 créditos nestas materias para cada unha das especialidades seguintes:
- Historia da arte.
- Arqueoloxía.

b) No caso de persoas solicitantes de bolsas de formación en restauración de fondos de museos, ter grao ou diplomatura universitaria en conservación e restauración de bens culturais ou equivalente, nas especialidades de:
- Arqueoloxía.
- Pintura ou escultura.

2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel de iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.

O número de bolsas convocadas é de 8. Das 8 bolsas convocadas farase unha reserva de 3 bolsas destinadas exclusivamente a persoas graduadas ou con titulación equivalente que rematasen os estudos no curso 2014/15 ou posteriores.

O importe de cada bolsa será de 5.690 €.
As bolsas terán unha duración de 6 meses.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de abril de 2020.
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT110B
Máis información no DOG do 12 de marzo de 2020.