1º Premio 2019 categoría 12-14 anos 1º Premio 2019 categoría 12-14 anos

XI Concurso de Viñetas “Novas Masculinidades”

11 Mar 2020

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre as novas masculinidades así como as claves para avanzar ata unha masculinidade alternativa mais igualitaria.

Participantes:
Poderán participar calquer mozo ou moza, con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou en grupo.
Cada participante/s só poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e non premiada con anterioridade.
Non poderán participar as persoas que fosen premiadas con anterioridade neste concurso.

Os traballos presentados versarán sobre:
- Novos modelos de masculinidade
- Como rachar estereotipos asociados tradicionalmente aos patróns de masculinidade
- A importancia de xerar novos patróns de masculinidade
- Os beneficios para mulleres e homes dos novos modelos de masculinidades

Formato
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4.
A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor.
Poderá empregarse a técnica libre.
A execución do traballo poderá ser manual ou dixital.
A obra presentarase en soporte físico de papel. A obra non poderá ir asinada co nome.
O idioma empregado será o galego.

Premio
Poderase participar en dúas categorías:
Categoría A (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos)
Outorgaranse primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.
Categoría B (idades comprendidas entre os 15 e 18 anos)
Outorgarase primeiro, segundo e terceiro premio.
Primeiro premio: consistirá nun iPAD e unha colección de cómics.
Segundo e terceiro premio: consistirá nunha TABLET e unha colección de cómics.

O prazo de admisión de obras estará aberto ata o 13 de abril de 2020
Máis información no BOP da Coruña do 10 de marzo de 2020 e en https://www.dacoruna.gal/files/4615/8401/9450/Formulario.pdf