Curso de primeiros auxilios en Ourense

06 Mar 2020

Cruz Vermella Española en Ourense organiza un curso de Primeiros Auxilios

Con esta formación oficial de Cruz Vermella pretenden capacitar ás persoas interesadas, a partir dos 16 anos, para a
intervención nas situacións que requiran dos primeiros auxilios.

1. Capacitar ao alumno no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en Primeiros Auxilios.
2. Coñecer os contidos teóricos que xustifican o emprego de dita técnicas.
3. Concienciar ao alumnado da importancia, tanto das ferramentas técnicas de que se lles dota, como das actitudes cara ás vítimas dun accidente.

Horario de 9:00 a 13:00 e de 15:00 a 19:00 horas.
Días: do 21 de marzo ao 25 de abril de 2020.

Máis información en Cruz Vermella Española en Ourense
correo electrónico: fontelo@cruzroja.es
Teléfono 988 222 484.