Bolsas de máster para a mocidade no exterior

05 Mar 2020

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 150 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2020/21 nunha universidade galega.

Requisitos
1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar na data da presentación de solicitudes:
a) Ser menor de 40 anos.
b) Estar en posesión da nacionalidade española.
c) Residir fóra de España.
d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
e) Estar vinculado a Galicia dalgún destes xeitos:
- Ser emigrante nacido/a en Galicia.
- Ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
- Ser descendente por consanguinidade dun emigrante nacido/a en Galicia ou dun emigrante que residise en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.
g) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego.

Contía da bolsa:

contiabolsa

2. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:
– Estar matriculado/a no curso 2020/21 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria e sinalados no anexo I desta resolución, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos ECTS, a matrícula dos 30 créditos ECTS restantes, correspondentes ao curso 2021/22 realizarase e acreditarase no mes de setembro do ano 2021.

As bolsas terán a duración correspondente aos cursos académicos necesarios para a realización da totalidade dos créditos de que conste o máster:
– Nos másteres de 60 ou 72 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico, o período de desfrute será o curso académico 2020/21.
– Nos másteres de 90 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico e medio, o período de desfrute será, ademais do sinalado no parágrafo anterior, o curso académico 2021/22.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PR911A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2020 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2020 e en https://emigracion.xunta.gal/es