XII Edición Dos Premios Educacompostela

04 Mar 2020

O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Os materiais didácticos poderán estar dirixidos aos diferentes niveis de ensino e poderán tratar sobre aqueles temas que o profesorado considere oportuno abordar no desenvolvemento do currículo nos seus centros educativos, ben sexa en educación infantil, primaria, secundaria ou en etapas  postobligatorias. Así mesmo, tamén se poderán presentar materiais elaborados e destinados a outros contextos educativos non escolares.

Premios:
Primeiro premio: 1.200 €
Segundo premio: 900 €
Terceiro premio: 600 €

Os materiais presentados deberán ser orixinais, inéditos e estar redactados ou elaborados en lingua galega. Non poderán participar aqueles traballos que fosen premiados con anterioridade.

Cada material ou conxunto de materiais deberá ir acompañado dun texto explicativo cun máximo de 15 páxinas que de conta das súas características, estrutura, obxectivos, destinatarios/as, integración no currículo e proceso de elaboración, experimentación e avaliación seguido.
Poderá participar individualmente ou en grupo quen teña producido materiais didácticos sobre os temas relacionados.

Os orixinais para optar aos premios deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata o 4 de setembro de 2020.

No sobre exterior farase constar:

Concello de Santiago de Compostela
Departamento de Educación
XII Edición dos Premios Educacompostela
Rúa  do Presidente Salvador Allende  n 4
15705 Santiago de Compostela

Tanto os concursantes individuais como os equipos deberán acollerse a un  pseudónimo.
No interior dun sobre pechado,  rotulado por fóra con  pseudónimo, incluiranse os datos persoais

Máis información no BOP da Coruña do 4 de marzo de 2020 e en
Educación concello de Santiago de Compostela
Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Teléfono: 981 554 400 e 981 554 401
Horario: De lunes a viernes, de 9:00 a 14:00 horas.