Libera Makers

04 Mar 2020

Libera Makers é unha iniciativa no marco do Proxecto Libera dirixida a concienciar e capacitar a mozos e mozas de formación profesional para que poidan desenvolver prototipos innovadores que apoien ao Proxecto Libera e aos miles de heroes que participan nel en accións de voluntariado para a conservación das contornas naturais.

O obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e que se poida, desta maneira, liberar moita máis vida en favor da conservación da natureza e a súa biodiversidade.liberamakersvideo

Os alumnos:
- Deben ter polo menos 18 anos no momento da inscrición no proxecto Libera Makers, ou contar co consentimento asinado polos seus pais ou titores para poder participar nos eventos.
- Teñen que estar matriculados nun centro de formación profesional.
- Participarán en grupos colaborativos con outros compañeiros da súa aula e coordinados polo seu profesor.
- Poderán participar unha vez que o seu profesor inscribise ao seu centro no proxecto Libera  Makers.

O profesor:
- Será o encargado de inscribir ao seu centro e aos grupos de traballo na plataforma.
 -Creará grupos de traballo de 3 alumnos atendendo á diversidade da aula. Poderanse crear grupos de 2 alumnos de forma excepcional.
- Iniciará aos alumnos na plataforma educativa. Alí atopará material audiovisual formativo e documentos que poderá utilizar na aula ou que poderá asignar aos alumnos para que os traballen en casa.
- Fará un seguimento da formación dos alumnos guiándolles para que sexan capaces de entregar o Pack Libera Makers en data para participar no concurso.

Os retos:
Os grupos de traballo de alumnos presentarán á competición soluciones innovadoras en forma de modelos de deseño, prototipos ou maquetas para dar resposta a un dos dous retos expostos por Libera Makers:
Reto 1.  Prototipos para a recollida de lixo en contornas naturais que poidan ser empregados no marco do Proxecto Libera.
Reto 2.  Prototipos para evitar que os residuos cheguen á natureza.

O Pack Libera Makers será elaborado por cada grupo de alumnos e incluirá:
- Os planos de deseño 3D da solución proposta
- Fotografías do prototipo fabricado
- Un vídeo-presentación do prototipo cuxa duración non excederá dos 2 minutos

O prazo de envío do Pack Libera Makers será ata o 15 de abril de 2020 utilizando o formulario de envío dispoñible na web Libera Makers.

Non será necesario que os prototipos fabricados polos alumnos sexan funcionais senón que poden ser maquetas ou modelos de deseño imprimidos en impresora 3D. Se o prototipo non se puido fabricar ou imprimir, tamén se aceptará que só se entreguen os planos de deseño 3D e o vídeo-presentación.

Os alumnos dos 20 grupos seleccionados acudirán á Gran Final en Madrid onde terán que realizar un breve Elevator Pitch para presentar o seu proxecto. Un xurado de expertos deliberará para realizar a selección final dos gañadores, dando paso á cerimonia de entrega de premios.

Premios:
Todos os grupos que cheguen á Gran Final serán premiados cunha experiencia nunha contorna natural guiados por unha das organizacións colaboradoras de SÉ  BirdLife e  Ecoembes para coñecer de preto o traballo que desenvolve o Proxecto Libera, por exemplo, no ámbito das expedicións mariñas. Os profesores que coordinasen aos grupos galardoados tamén poderán participar e vivir a experiencia se así o desexan.

Gañadores finais
1º premio: 3.000 € en dispositivos electrónicos ou outro material de estudo para o grupo gañador e impresora 3D para o seu centro escolar
2º premio: 2.000 € en dispositivos electrónicos ou outro material de estudo para o segundo grupo finalista e un lote de material de estudo para o seu centro
3º premio: 1.000 € en dispositivos electrónicos ou outro material de estudo para o terceiro grupo finalista e un lote de material de estudo para o seu centro

https://proyectolibera.org/libera-makers/