XVIII Premio de Poesía Afundación

02 Mar 2020

O XVIII Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa do Centro PEN de Galicia, da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e de Fundación Galicia Obra Social (Afundación).

Poderán concorrer ao XVIII Premio de Poesía Afundación autoras e autores de calquera nacionalidade, maiores de idade, presentando unha soa obra escrita en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente).

O premio, un e indivisible, está dotado con 6000 €, cantidade da que se deducirán os correspondentes impostos.

As obras, que deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos. Deben ser unha creación orixinal e inédita, é dicir, non poden ser unha copia, interpretación, tradución ou similar, dunha obra xa existente, e non poden estar publicadas nin en coñecemento do público mediante calquer medio con
anterioridade.

Os orixinais deberanse presentar por quintuplicado, mecanografados e baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos:
título da obra, nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do DNI, enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono de contacto.

Os traballos deberanse enviar por correo postal ou empresa mensaxeira a:
  Sede Afundación Vigo
  Rúa Policarpo Sanz, 26, 36202 - Vigo
Indicarase XVIII Premio de Poesía Afundación no sobre.

O prazo de admisión estará aberto ata o 31 de maio de 2020.

https://www.afundacion.org/docs/galeria/XVIII_premio_de_poesia_bases.pdf