Bolsas de introdución á investigación "JAE Intro"

27 Feb 2020

O Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 250 bolsas de introdución á investigación "JAE Intro", no marco do Programa «JAE»

Son 250 bolsas para estancias de 5 meses consecutivos, a realizar a partir do 1 de setembro de 2020 ou 1 de outubro de 2020 en Institutos do CSIC.

Requisitos:
Españois, nacionais de calquera Estado membro da UE e estranxeiros non comunitarios, ou que estando matriculadas nun grao no curso académico 2019-2020, teñan polo menos o 80 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao completados; que vaian ser estudantes de Máster Universitario oficial no curso 2020-2021, solicitando a  preadmisión, admisión ou matrícula a un Máster Universitario oficial para o curso 2020-2021; que estean matriculadas nun Máster Universitario oficial no curso 2019-2020; e que acrediten unha nota media, nunha escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 para todas as ramas de coñecemento, excepto para Enxeñería e Arquitectura que será igual ou superior a 7.00; e que non estean en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de Doutor.

A dotación das bolsas será de 3.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: do 9 de marzo ao 9 de abril do 2020.

Máis información no BOE do 27 de febreiro de 2020 e en https://sede.csic.gob.es/intro2020