Mapa de recursos de emprego para a mocidade

26 Feb 2020

O Instituto da Mocidade, Injuve, en colaboración cos organismos de mocidade das Comunidades Autónomas e outras entidades, embarcouse na elaboración dun mapa de recursos de emprego novo que verá a luz o próximo mes de xuño.

Máis que unha guía, esta iniciativa quere poñer en marcha unha ferramenta áxil e intuitiva que recolla e mostre ás persoas mozas unha visión xeolocalizada dos recursos e servizos de orientación laboral que poden axudarlles na procura de emprego, cos principais datos de contacto.

Outros aspectos destacables deste proxecto son a calidade no proceso de elaboración e o enfoque de proximidade. Pretenden realizar un completo e exhaustivo “mapeo de activos”, buscando a información de primeira man, contactando, unha a unha, coas entidades e obtendo todos os datos dos servizos onde se desenvolven programas de orientación ao emprego, a nivel estatal, autonómico e local.

Como se vai a elaborar?

O Injuve contratou a 100 mediadores xuvenís en toda España para dar a coñecer entre as persoas mozas as medidas acordadas e os recursos previstos no Plan de Choque polo Emprego Novo 2019-2021.

Durante o proceso de elaboración do mapa de recursos de emprego novo tamén necesitan contar coa colaboración de todos os axentes implicados na empregabilidade xuvenil.

Axúdalles a localizar recursos!

Podes enviar información a coruna1@colaborainjuve.es