Premio Luna de aire de poesía infantil

26 Feb 2020

CEPLI (Centro de Estudos de Promoción da Lectura e Literatura Infantil) da Universidade de Castela-A Mancha convoca o XVIII Premio Luna de aire de poesía infantil, co fin de promocionar a creación poética para nenos e nenas.

Requisitos:  poderán concorrer a este premio todos os/as autores/as maiores de 18 anos que o desexen, de calquera nacionalidade, cunha soa obra por autor.

As obras presentadas, escritas en lingua castelá, deberán ser orixinais e inéditas, e non ser galardoadas en ningún outro concurso. Non se admitirán aquelas obras que sexan tradución ou adaptación doutros orixinais.

Concursarase cun libro de poemas, de tema libre, que conteña un mínimo de 20 poemas e un máximo de 30, con extensión entre 250 e 400 versos.

Os orixinais enviaranse baixo plica. Remitiranse dous exemplares en papel a:  CEPLI (Premio de poesía infantil) Universidade de Castela-A Mancha Facultade de CC. da Educación e Humanidades (Avda. das Olerías, 44 -16071 Cuenca).

O prazo de presentación estará aberto ata o día 30 de novembro de 2020.

Premio:  Establécese un único premio de 3.000 euros.

O libro premiado será editado e comercializado pola editorial  SM na colección Luna de aire (non se ceden dereitos de autor en favor da Universidade de Castela-A Mancha).

https://docm.castillalamancha.es/portaldocm/descargarArchivo.do?ruta=2020/02/21/pdf/2020_1410.pdf&tipo=rutaDocm