XXVII Edición do Certame Literario Xoán Díaz - Concello de Cambre 2020

30 Mar 2020

O Concello de Cambre convoca a XXVII Edición do Certame Literario Xoán Díaz.

Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
- Categoría A: de 12 a 14 anos
- Categoría B: de 15 a 18 anos
- Categoría C: de 19 a 26 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das tres modalidades: Poesía, Narración breve e Microteatro.
- Modalidade de poesía: presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
- Modalidade de Microteatro: a extensión será de entre 5 e 10 páxinas, a unha soa cara, con tema libre.
Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
Os traballos poderán presentarse persoalmente nas administracións dos Institutos do Concello de Cambre, nas oficinas de rexistro do Concello de Cambre ou ben seren enviados por correo ordinario, debidamente selados, a:
   Concello de Cambre
   Área de Cultura, Deportes e Xuventude
   Río Barcés, 8
   15660 Cambre
Neste caso entregaranse orixinal e cinco copias nun sobre no que figure: CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ – CONCELLO DE CAMBRE 2020, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración, poesía ou microteatro). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.
Tamén poden enviarse por correo electrónico á dirección certamexoandiaz@cambre.org figurando no asunto o PSEUDÓNIMO do autor. Enviaranse tres arquivos PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante; no segundo arquivo irá o DNI e, finalmente, no terceiro, o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.

O importe dos premios será de:
- Categoría A: 1º Premio: 173 € 2º Premio: 128 €
- Categoría B: 1º Premio: 218 € 2º Premio: 150 €
- Categoría C: 1º Premio: 300 € 2º Premio: 173 €

O prazo de entrega de traballos comeza o día 15 de marzo de 2020 e remata o día 30 de abril de 2020.

http://www.cambre.es/novas/el-concello-de-cambre-y-los-ies-david-bujan-y-afonso-x-o-sabio-organizan-una-nueva-edicion-del-certame-literario-xoan-diaz/