Bolsa de arte no estranxeiro do Centro Botín

21 Feb 2020

A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións de maneira integral (Curatorial  Studies). O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea, desde as vangardas á actualidade. 

A bolsa vai destinada a diplomados, licenciados, graduados ou estudantes de posgrao, en Belas Artes, Historia da arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades ou Crítica de Arte.Tamén a poden solicitar profesionais da arte que, non cumprindo os requisitos anteriores, poidan demostrar capacitación no campo.

É necesario tamén ter entre 22 e 40 anos e ser español ou estranxeiro residente en España, polo menos desde os cinco anos anteriores á solicitude.

A contía é de 18.000 € en concepto de viaxes, aloxamento, manutención e outros gastos derivados, aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 € destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.

Poderanse presentar solicitudes ata o día 22 de maio de 2020.
A solicitude realizarase online.

https://www.centrobotin.org/beca/becas-de-comisariado-y-gestion-de-museos/