XIII Concurso de Historia para a mocidade, Eustory 2020

18 Feb 2020

A rede europea  Eustory promociona este concurso en América, España e Portugal.

A transición política é o tema da 13ª edición de  Eustory.
Eustory é un concurso de historia con perspectiva local. Como se viviu esta transición na túa contorna? Como afectou este período á túa familia ou algunha persoa próxima? Hai algún acontecemento dese período sobre o que poidas investigar? Como evolucionou a memoria desta etapa nos últimos anos? Independentemente de que reflexións sobre a transición con perspectiva nacional ou internacional, queren que investigues e reflexións desde a túa contorna máis próxima.

O formato é libre. Traballo escrito, presentación multimedia, páxina web, blogue, vídeo, audio, fotografía, obra de arte, texto  dramatizado… Podes presentar o proxecto da forma que máis se adecue ao teu estilo.

En definitiva, hase de presentar en formato dixital e por separado:
- Traballo. Non pode ter máis de 15.000 palabras, e en caso de ser un audiovisual, non superar os 30 minutos. Acórdate de terminar o teu traballo cunhas conclusións sobre o tema investigado.
- Informe de procedemento, onde expliques a organización do traballo (dificultades, fases, axudas externas, etc.), as fontes de información utilizadas (libros, documentos, páxinas web, etc.) e un apartado onde indiques o que aprendiches e para que che serviu. Este informe debe ter 2.000 palabras como máximo.
- Informe do titor sobre as condicións previas do alumno, grupo ou marco particular no que se inscribe o proxecto e a súa impresión xeral do traballo presentado. Este informe tamén ha de describir o labor realizado como titor. Non debe superar as 500 palabras.

O prazo de recepción das obras estará aberto ata o día 17 de agosto de 2020.

Requisitos:
A participación está aberta aos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, FP regrada e  ESPA menores de 21 anos. Os traballos pódense realizar de maneira individual ou en grupo, nese caso só se permite un traballo por grupo.

Premios:
- 1 primeiro premio: 2.500 euros alumnos e 1.250 euros titor.
- 4 segundos premios de 1.000 euros alumnos e 500 euros titor.
- 5 terceiros premios de 500 euros alumnos e 250 euros titor.
- 10 Accésit de 200 euros alumnos e 100 euros titor.

http://eustory.es/