Bolsas Fulbright de ampliación de estudos

17 Feb 2020

O Goberno de España e o Goberno de EE.UU. convoca 20 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades de Estados Unidos en calquera disciplina. As bolsas  Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Máster ou  Ph.D.
Prazo:  ata o 14 de abril de 2020

Requisitos:
​Nacionalidade española.
Título superior obtido entre xaneiro de 2013 e setembro de 2020.
Excelente coñecemento do idioma inglés. Demostrable mediante o  TOEFL (97 para todas as disciplinas excepto Xornalismo e Relacións Internacionais: 100) ou o  IELTS,  Academic  Version (6.5 e 7 respectivamente).
Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou a presentación dos resultados do  Graduate  Management  Admission Test ( GMAT).

Duración:​  De 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.
Período de goce:   ​Entre o verán ou outono de 2021 e o verán de 2022, segundo o calendario académico da universidade de destino.
Dotación:
Viaxe de ida e volta e gastos varios de primeira instalación: 1.300 $. No caso de que o bolseiro asista a un curso  preacadémico: 1.600 $.
Asignación mensual de entre 1.400 e 2.760 $.
Gastos de matrícula e taxas obrigatorias ata un máximo de 35.000 $ anuais para programas de máis de 12 meses e ata un máximo de 40.000 dólares USA para programas dun máximo de 12 meses de duración
Seguro médico e de accidentes.

https://fulbright.es/files/ConvocatoriaAttachments/attachments_5e1d7706-84e8-4c65-ac90-38222e697a2b.pdf