Concurso do Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción en Ourense

13 Feb 2020

A Deputación de Ourense convoca o VII Premio Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción para o alumnado de centros educativos de Ourense.
O lema desta sexta edición do concurso é “A defensa da identidade de Galicia: a Xeración Nós”.

Poderán participar neste concurso os estudantes de infantil, primaria, educación especial, ESO, bacharelato e ciclo medio de formación profesional, de centros de ensino xeral tanto públicos coma concertados ou privados, da provincia de Ourense.

Modalidades
- Os alumnos de educación infantil e primaria, así como os de educación especial, presentarán un debuxo ou traballo artístico
que deberá facer referencia ao lema do concurso. Será presentado nun folio ou cartolina en branco, tamaño A4, non terá relevos e a técnica que empregarán será libre. Os 12 mellores debuxos serán premiados cun diploma e un lote de libros
- Os alumnos de ensino obrigatorio, bacharelato e ciclo medio de formación profesional deberán presentar unha redacción sobre o Estatuto de Autonomía, cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, escrita en galego, á man ou en ordenador, por unha soa cara e a dobre espazo.
Se o traballo se fai en ordenador, o tipo e tamaño de letra será Arial 12. O traballo literario poderá ser ampliado ou complementado con fotografías, recortes de prensa, etcétera.
Os traballos poderán presentarse en papel ou en soporte electrónico.
os 20 mellores traballos serán premiados cun diploma, un lote de libros e unha viaxe a Santiago de Compostela, para visitar o Parlamento de Galicia, e realizar algunha outra actividade cultural.

O prazo estará aberto ata as 14.00 horas do día 16 de marzo de 2020.
Máis información no BOP de Ourense do 13 de febreiro de 2020