V Concurso Balbino de Relatos

12 Feb 2020

Técnicas & Gramaxe SL e Edicións Fervenza co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra convocan o V Concurso Balbino de Relatos.

Poderán presentarse textos orixinais, propios e inéditos (relato ou serie de relatos) inspirados na temática do rural galego, do mar e da emigración.
Os textos terán unha extensión mínima de 100.000 caracteres e máxima de 180.000.
O texto enviarase a:
   Técnicas e Gramaxe
   R/ Santa Olaia, 18
   36540 Silleda
   Pontevedra

ou ao enderezo electrónico concursobalbino@gmail.com
O galardón está dotado con 1500 € e a publicación do traballo gañador por Edicións Fervenza
O prazo de participación estará aberto ata o 30 de xuño de 2020

https://concursobalbino.com/