Manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas

12 Feb 2020

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca exames extraordinarios teóricos e tamén exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia:

Prazos para os exames extraordinarios teóricos:
Convocatoria de marzo de 2020. Matrícula: do 17 de febreiro ao 28 de febreiro de 2020, ambos incluídos.
Convocatoria de xullo de 2020. Matrícula: do 25 de maio ao 5 de xuño de 2020, ambos incluídos.

Prazos para os exames ordinarios teóricos e prácticos:
Convocatoria de maio de 2020. Matrícula: do 23 de marzo ata o 3 de abril de 2020, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2020. Matrícula: do 20 de xullo ao 31 de xullo de 2020 ambos inclusive.

A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento PE616D para os exames extraordinarios e co procedemento PE616C para os exames ordinarios teóricos e prácticos.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas, sempre que acrediten, mediante a presentación por escrito do consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2020 para os exames extraordinarios teóricos e no DOG do 13 de febreiro de 2020 para os exames ordinarios teóricos e prácticos.