Prácticas no estranxeiro Programa PICE da Cámara de Comercio de España

11 Feb 2020

O Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) da Cámara de Comercio de España está dirixido á mocidade beneficiaria de Garantía Xuvenil. Preséntase a través das cámaras provinciais, con dous plans: formación e mobilidade.

O obxectivo é facilitar a inserción laboral, mellorando a capacitación e  cualificación para mellorar o acceso ao mundo laboral da mocidade en situación de desemprego.

O plan de mobilidade ofrece a posibilidade de realizar prácticas de 3 a 6 meses nunha empresa estranxeira cunha axuda para o transporte, en función da distancia, e unha achega mensual, que varía en función do nivel de vida do país de destino.

Tamén cobre o seguro de viaxes e médico durante o tempo de prácticas.

Requisitos
- Mocidade de 18 a 29 anos que non estean en activo (nin estudando nin traballando) e atópense inscritos no sistema de Garantía Xuvenil.
- Deben posuír unha titulación acorde coa ocupación demandada.
- Terán un nivel mínimo de B1 da lingua en que se realizarán as prácticas.

Como participar?
Para poder participar hai que contactar coas cámaras provinciais que participen no programa e que teñan a convocatoria aberta

Pódese atopar unha oferta de prácticas a través da bolsa do plan ou ben facer unha procura por libre e atopar unha empresa que che acepte como persoa en prácticas.

Deberase encher a solicitude e unha carta de motivación, así como facilitar toda a documentación requirida: inscrición en Garantía Xuvenil e nivel de idiomas, entre outros.

Prazo:  aberto todo o ano

https://empleoygarantiajuvenil.camara.es/descubre-el-plan-de-movilidad-pice#formulario