Bolsas DIME en América Latina durante o verán

11 Feb 2020

A Fundación Microfinanzas BBVA convoca a terceira edición das Bolsas DIME (Desenvolvemento, Inclusión, Microfinanzas e Emprendemento) destinadas a universitarios españois, de grao ou máster, para viaxar o próximo verán a algún dos países americanos nos que traballa a fundación. En concreto, as bolsas permitirán a 15 estudantes visitar, entre xullo e agosto, Colombia, Perú, República Dominicana ou Panamá.

Os 15 alumnos seleccionados viaxarán a un dos cinco países de América Latina nos que traballa a Fundación (Colombia, Perú, República Dominicana e Panamá) para coñecer a realidade dalgunhas dos 2,2 millóns de persoas ás que atende a FMBBVA na rexión cunha metodoloxía propia, as Finanzas Produtivas.

A bolsa, que dura catro semanas, está dividida en dous partes: durante a primeira semana, os 15 mozos universitarios (tres por país) visitarán os servizos centrais da entidade da  FMBBVA e recibirán unha formación antes de empezar a segunda parte do programa, o traballo sobre o terreo. Durante as tres semanas seguintes, os alumnos/as acompañarán a unha persoa asesora de microfinanzas nas súas visitas aos emprendedores para avaliar o seu pequeno negocio, ofrecerlle os produtos e servizos financeiros máis adecuados ás súas necesidades e vivir todo o proceso de aprobación e seguimento dun crédito.

Que inclúe a bolsa??
- Voos: os alumnos seleccionados comprarán os billetes de ida e volta e reembolsarase o custo a primeira semana das prácticas (ata un máximo de 1.000 €).
- Seguro médico, de asistencia en viaxes e responsabilidade civil.
- Trámites migratorios que apliquen en función do país de destino.
- Aloxamento/s.
- Axuda ao estudo: o equivalente a 500-600 euros (en función do país) na moeda local para cubrir gastos de alimentación e de transporte. Se o alumno adianta ou atrasa a súa estancia no país de destino, o Grupo FMBBVA non custeará os fastos adicionais, nin quedará cuberto cuberto polo seguro médico de asistencia en viaxes ou o visado correspondente.

Prazo: Pódense presentar solicitudes ata o 19 de febreiro

http://www.fundacionmicrofinanzasbbva.org/abierta-la-convocatoria-las-becas-dime-fundacion-microfinanzas-bbva/