XXVII certame Relatos Curtos de Camargo

11 Feb 2020

O Concello de Camargo en Cantabria convoca unha nova edición do certame Relatos Curtos.

Os relatos deberán estar escritos en lingua española e por unha soa cara. A fonte será Arial, tamaño 12 e interlineado 2.
Os traballos terán a seguinte extensión segundo categoría:
- Categoría A, mínimo cinco folios, máximo sete, cun mínimo de 1.475 e un máximo de 2.030 palabras.
- Categoría B, mínimo cinco folios, máximo dez. Deberán abarcar entre un mínimo de 1.475 e un máximo de 2.800 palabras.

Admitiranse un máximo de dous por autor e deberán ser orixinais e inéditos.

Prazo: A recepción dos traballos finalizará o día 13 de marzo de 2020 ás 20:00 horas.

Requisitos
Poderán participar mozos residentes no Estado español, cuxa idade estea comprendida entre os 14 e os 35 anos.
Estableceranse dúas categorías:
De 14 a 18 anos.
De 19 a 35 anos

Dotación
Categoría A: Primeiro premio: 700 euros. Accésit: 325 euros.
Categoría  B: Primeiro premio: 900 euros. Accésit: 525 euros.

https://www.aytocamargo.es/node/1375