Consumópolis 15

11 Feb 2020

A Consellería de Educación e o Instittuo Galego de Consumo e da Competencia convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida "Consumópolis 15.  Os teus actos de consumo poden cambiar o mundo, como o farías ti?"

O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.

- A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es
- A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Participantes:
Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO en calquera centro docente de Galicia.

- Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.
- Cada equipo debe estar coordinado por un/ha docente do centro. Un/ha docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.
- Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Categorías de participación:
– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.
– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de ESO
– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de ESO.

Premios:
- Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.
- Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma de Galicia na fase estatal, que terá lugar en Madrid.
- Todos os membros do equipo recibirán, ademais dos premios, un diploma do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que os acredita como gañadores.
- Os docentes que participasen como coordinadores dos equipos premiados recibirán da Consellería de Educación un certificado de premio de innovación educativa cunha equivalencia de 12 horas de formación do profesorado.

Características do traballo en equipo:
- Cada equipo participante deberá deseñar, elaborar e presentar un traballo sobre consumo responsable consistente no deseño, elaboración e presentación dun cómic que deberá incluír unha ou varias mensaxes, dirixidas a mozos e mozas do mesmo rango de idade que os participantes, que apoie o lema principal da edición deste ano e que reflicta como os seus actos de consumo poden cambiar o mundo ou a sociedade. Este traballo realizarase de xeito colaborativo entre todos os membros do equipo.

O prazo para presentarse ao concurso estará aberto ata o día 29 de abril de 2020 e a solicitude deberá tramitarse en https://sede.xunta.gal co código do procedemento IN114A.

Máis información no DOG do 4 de febreiro de 2020 e en  https://consumo.xunta.gal/gl