Obradoiro de novela Cidade da Cultura 2020. Xacobeo 21

11 Feb 2020

Escribir é arte e tamén oficio. Require de vontade e de talento, pero tamén de ferramentas que poden ser aprendidas. Enfrontarse á páxina en branco –ou hoxe en día máis ben á pantalla– énchenos de preguntas: como creo personaxes interesantes? Desde que punto de vista conto a miña historia? Estou sendo artificioso nos diálogos? Aburrirei ao lector? Que fago coa novela cando estea rematada?

O obradoiro estrutúrase en dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá en 9 clases maxistrais que terán lugar os venres entre o 6 de marzo e o 22 de maio de 17:00 a 19:30 horas na Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cada unha porá o foco nun aspecto concreto da creación literaria e será impartida por autores e autoras especialistas no tema.

1. Introdución ao curso. Empezar unha novela. 6 MARZO
Imparte: Javier Peña. Escritor e xornalista. En 2019 Blackie Books publica a súa primeira novela, Los Infelices. 16 anos de experiencia en prensa e gabinetes de comunicación.

2. O punto de vista narrativo. 13 MARZO
Imparte: Manuel Gago. Autor das novelas O anxo negro e O exército de fume. Director da web do Consello da Cultura Galega. Editor de Capítulo Cero, blog de referencia en Galicia. Profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

3. Personaxes e diálogos. 27 MARZO
Imparte: Antón Riveiro Coello. Autor de obras como As rulas de Bakunin, Laura no deserto, Casas baratas, A ferida do vento ou Os elefantes de Sokúrov. Premio da Crítica Española, Premio Torrente Ballester, Premio Álvaro Cunquerio de Narrativa e gañador en dúas ocasións do Premio García Barrios, entre outros moitos.

4. O estilo. 3 ABRIL
Imparte: Arantza Portabales. Autora do libro de microrrelatos A Celeste la compré en un rastrillo, e das novelas Sobrevivindo, coa que gañou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, e Deixe a súa mensaxe despois do sinal (traducida ao castelán, italiano, alemán e hebreo, e levada ao teatro pola compañía Tanttaka) e Beleza vermella (traducida ao castelán e ao italiano)

5. Estrutura e tempos da novela. 17 ABRIL
Imparte: Xabier Quiroga. Autor de obras como Izan o da saca, Zapatillas rotas ou O cabo do mundo. A súa novela La casa del nazi converteuse nun bestseller con Ediciones B. Premio San Clemente e Premios Losada Diéguez. Dúas veces Premio da Crítica de Narrativa Galega. Elixido pola Xunta para representar a Galicia na Feria del Libro de Buenos Aires 2018.

6. Os xéneros. 24 ABRIL
Imparte: Miguel Anxo Fernández. Escritor. Autor das sete novelas da saga do detective Frank Soutelo, e de obras como Blues para Moraima ou O espido de Gina. Premio Blanco Amor. Premio García Barros. Premio da Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia.

7. A corrección da novela. 8 MAIO
Imparte: Diego Giráldez. Autor da novela Hotel para coleccionistas discretos e do libro de relatos Galería de Saldos. Nomeado autor galego do ano pola revista Fervenzas Literarias por esta mesma obra. Como xornalista colaborou en El País, A Nosa Terra e Xornal de Galicia. Na actualidade colabora con Praza Pública e Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine.

8. O mundo editorial. 15 MAIO
Imparte: Lourdes Díaz. Fundadora e directora da Axencia Literaria Rolling Words. Ten máis de vinte anos de experiencia no mundo da edición e foi editora executiva nos selos Booket e Austral do Grupo Planeta.

9. O mercado do libro. 22 MAIO
Imparte: Siscu Pérez. Consultor editorial con 20 anos de experiencia no sector do libro. Foi director comercial e de marketing en Publicaçoes Dom Quixote, director editorial da área de peto no Grupo Planeta e director comercial e de marketing na Casa del Libro. Con Austral acadou o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial en 2017.

As e os alumnos poderedes acceder a titorías co profesorado e habilitarase un enderezo de correo electrónico para que poidade comunicar as vosas dúbidas e ampliar os coñecementos impartidos. Realizaredes distintos exercicios como a elaboración dun microrrelato sobre o Camiño de Santiago, xa que esta segunda edición forma parte da programación do Xacobeo'21.

A fase práctica iniciarase unha vez finalizada a parte teórica (o 22  de maio). Solicitarásevos a cada un e unha de vós que escribades as primeiras 40 páxinas dunha novela, na que amosedes os coñecementos aprendidos durante o curso. A corrección do traballo farase de forma individual nunha última clase (26 de xuño) antes de pechar a actividade cunha cerimonia de clausura e entrega de diplomas (27 de xuño).

Datas: todos os venres do 6 de marzo ao 27 de xuño.
Horario: De 17:00 a 19:30h
Lugar: Biblioteca e Arquivo de Galicia
Organiza: Xunta de Galicia. Cidade da Cultura
Colabora: Rolling Words
Prezo: 150 € (+gastos de xestión). Reserva de praza e pago do curso en Ataquilla.com
Prazas: 20
Matrícula aberta ata completar a capacidade
As clases teóricas son ata o 22 de maio
26 de xuño: corrección de traballos
27 xuño: cerimonia de diplomas e clausura

https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/obradoiro-de-novela-cidade-da-cultura-2020-xacobeo21