Bolsas de formación en biblioteconomía

10 Feb 2020

A Consellería de Cultura convoca 33 bolsas bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.

Os bolseiros recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas:
  Biblioteca de Galicia
  Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
  Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
  Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense
  Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
  Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
  Biblioteca Pública Municipal de Ferrol (Central).

Requisitos:
Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.

A bolsa terá unha duración máxima total de sete meses.
O importe individualizado de cada bolsa será de 930 € brutos mensuais

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente en https://sede.xunta.gal co procedemento CT233A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2020.
Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2020 e en http://rbgalicia.xunta.gal