Programa Principia: contratación de mocidade investigadora

07 Feb 2020

A Axencia Galega de Innovación convoca axudas dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i.

O persoal contratado deberá cumprir, no momento de formalizar o contrato, os seguintes requisitos:
1. Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos.
2. Estar en posesión dunha das seguintes titulacións:
– Título universitario.
– Título de formación profesional de grao superior.
3.  Non ter experiencia laboral superior a 36 meses.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.

Serán subvencionables as contratacións de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i, que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de novembro de 2020.

A contía da axuda en concepto de incentivo que percibirán as entidades beneficiarias será de 10.000 euros por cada persoa contratada.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.gal co formulario IN848C
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 7 de abril de 2020.

Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2020 e en http://gain.xunta.gal/artigos/425/programa+principia+2020
Nos teléfonos 881 99 91 21, 881 999 529 e 981 957 008.
No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal