Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

07 Feb 2020

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
As solicitudes presentaranse en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.
 
Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.
Realización da proba:

Data:  As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 28 de maio de 2020.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

O prazo de presentación de solicitudes será entre os entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D

Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

Data: As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 23 de abril de 2020.  

Máis información no DOG do 7 de febeiro de 2020 e en www.edu.xunta.es/fp