Premios fin de carreira para ensinanzas artísticas superiores

07 Feb 2020

A Consellería de Educación convoca premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no ano 2019 en centros públicos de Galicia.

Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Premios:
2 premios nas ensinanzas superiores de Música
2 premios nas ensinanzas superiores de Deseño
1 premio nas ensinanzas superiores de Arte Dramática
1 premio nas ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario ED311G.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de marzo de 2020
Máis información no DOG do 7 de febreiro de 2020 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109