Premio Arturo Álvarez para novos talentos

06 Feb 2020

A Compañía de deseño e fabricación de luminarias Arturo Álvarez convoca unha nova edición do "Premio Arturo Álvarez para novos talentos".  O reto consiste en deseñar unha lámpada decorativa de interior.

Poden participar mozas e mozos entre 18 e 30 anos.

As propostas presentaranse en formato dixital nun CD ou DVD, que deben conter tres cartafoles:
- Documentación persoal. Incluír ficha de inscrición. Identificación persoal: copia DNI ou pasaporte.
- Memoria técnica. Memoria do proxecto en formato pdf tamaño A3 apaisado cunha extensión máxima de 15 páxinas.
- Imaxes. Imaxes de  renderizados 3d en formato .jpg. Tamaño mínimo: 3000x2500 píxeles cunha resolución de 300 dpi.

Presentación de propostas ata o 30 de abril de 2020.

Dotación
O premio consistirá en: 2.500 euros.
A posibilidade de facer realidade a túa creación e que pase a formar parte do novo catálogo de Arturo Álvarez, sempre respectando a autoría intelectual da lámpada.
Viaxar a Milán.

https://www.a-emotionallight.com/es/concurso/